martes, 20 de marzo de 2012

Día da Muller Traballadora


Sentados na alfombra falamos cos pequenos e preguntámoslles que nos conten que significa para eles O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Falamos dos traballos das súas mamás e avóas, de que unha muller chamada Marie Curie foi a primeira muller que foi profesora na Universidade de París. Decidimos facer un mural onde facemos un retrato das súas mamás...moi concentrados e concentradas para que o debuxo quede moi pero que moi fermoso.

martes, 13 de marzo de 2012

Disfrutamos do Inverno



Coa chegada do inverno decoramos o patio de infantil cun boneco de neve moi pero que moi simpático, os nen@s disfrutan posando con noso boneco. Decoran as casiñas cheiñas de neve, a neve que este inverno tarda en chegar.



viernes, 3 de febrero de 2012

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Todos xuntos fumos ata o patio de infantil a colgar a pomba da Paz co lema : TRABALLAMOS POLA PAZ e logo posamos sacando unha foto cada grupo.